A época de perigo alto de lumes forestais chega o luns. O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica na edición deste venres unha Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se determina a época de perigo alto de incendios. Mediante esta norma, para este ano 2013 declárase o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.
A consellería establece este período tendo en consideración os antecedentes e datos históricos sobre o risco de aparición de incendios e sobre a incidencia das variables meteorolóxicas no comportamento do lume.
O calificativo como de alto risco de lumes condicionará a intensidade das medidas que se vaian adoptar para a defensa do territorio de Galicia. Dende esta semana xa están prohibidos tamén os permisos de queimas.
A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.