A empresa COMSA executará a reforma do nó de Bombeiros

Pontevedra
26 de maio 2023

A Dirección Xeral de Estradas seleccionou a esta firma catalá entre as trece propostas que se presentaron. Comsa executará esta obra por 9.549.041 euros e nun prazo de trece meses. A previsión é que os traballos poderían comezar a final de ano  

Vista aérea do Nó de Bombeiros e o acceso norte á AP-9
Vista aérea do Nó de Bombeiros e o acceso norte á AP-9 /

O Ministerio de Transportes adxudicou á empresa Comsa a reforma do nó de Bombeiros.

A Dirección Xeral de Estradas seleccionou a esta firma catalá entre as trece propostas que se presentaron. 

Comsa executará esta obra por 9.549.041 euros e nun prazo de trece meses. A previsión é que os traballos poderían comezar a final de ano.

A actuación consiste na construción e remodelación dos ramais da ligazón de Pontevedra Norte da Autoestrada da Atlántico AP-9, aproveitando a nova conexión que xerou a construción da Ponte da Correntes coa cidade de Pontevedra, de maneira que se poida unir cun tramo de nova calzada, a glorieta situada ao norte da devandita ponte cos ramais da ligazón que permiten os movementos de Vigo - Pontevedra e de Pontevedra - Santiago.

Coa remodelación dos ramais, a ligazón de Pontevedra Norte pasa dunha tipoloxía de trompeta a unha de diamante con pesas coas dúas glorietas xa existentes aumentando o diámetro dunha delas e modificando o trazado da outra.

A actuación comprende ademais a prolongación do ramal que dá saída da autoestrada aos vehículos provenientes do norte poidan acceder directamente á glorieta dos bombeiros salvando o cruzamento co ramal Pontevedra - Vigo mediante un paso superior.

Ademais, duplícase a calzada existente do paseo Domingo Fontán pasando a unha vía de catro carrís.

A actuación complétase coa remodelación dos ramais da saída da autoestrada desde o sentido aumentando a súa sección e construíndo un carril exento.

Finalmente complétase a definición dos viais con dous de tipo peonil para manter o tránsito peonil dunha marxe ao outro da autoestrada e para manter os accesos ás zonas axardinadas da contorna do río Lérez.