A dragaxe do Lérez, pendente aínda das tramitacións ambientais para decidir onde depositar os lodos

Pontevedra
08 de febreiro 2023

O presidente da Xunta de Galicia sinalaba en Pontevedra que "hai permisos ambientais que son bastante complicados". Afirma que se trata dunha cuestión que implica "permisos ambientais que son bastante complicados"

Lodo na contorna do Club Naval de Pontevedra
Lodo na contorna do Club Naval de Pontevedra / Mónica Patxot

"Nada gustaríame máis como veciño de Pontevedra que ver o dragado da entrada da ría. Sería fantástico, pero non é nada sinxelo", expoñía este mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante a súa visita á contorna do Club Naval de Pontevedra, acompañado por María Jesús Lorenzana, conselleira de Promoción de Emprego e Igualdade; e polo delegado territorial da Xunta, Luís López.

Rueda sinalou, a preguntas de PontevedraViva, que esta intervención depende das condicións ambientais e da localización en que depositar os lodos, un espazo que "cada vez é máis complicado encontrar". Indicou que o executivo galego está a traballar en resolver este tema.

"O proceso gustaríame que fose máis curto e sinxelo", apuntou para, a continuación, recoñecer que "son o máis interesado, como pontevedrés, en que a obra se faga". Explicou que a xestión dos permisos ambientais resulta bastante complicada.

O presidente autonómico recoñeceu que "do que de min dependa, se ten que facer. Melloraría moito a entrada de Pontevedra e recuperaría a zona que non está explotada no seu potencial", facendo referencia á desembocadura do río Lérez na ría de Pontevedra.

En outubro de 2022, a Xunta manifestara a súa intención de que os lodos procedentes desta zona se depositasen nas inmediacións da illa de Sálvora, na Ría de Arousa.

A propia administración autonómica recoñecía que os trámites ambientais eran moi complexos para levar a cabo a operación.

A dragaxe é unha demanda que se remonta a antes do ano 2013 e o Club Naval xa advertía dos problemas que supón a presenza de lodos na contorna das Corbaceiras.