A directora xeral da Garda Civil felicita o equipo VioXén de Vilagarcía

O Salnés
24 de novembro 2022

A directora xeral da Garda Civil, María Gámez, entregou este mércores os recoñecementos pola loita contra a violencia sobre a muller. Trátase da segunda edición destes premios cos que a Garda Civil distingue o traballo tanto de persoas e institucións, como das propias unidades e axentes que traballaron contra a violencia de xénero

A directora xeral da Garda Civil felicita ao equipo VioGén de Vilagarcía
A directora xeral da Garda Civil felicita ao equipo VioGén de Vilagarcía / Garda Civil

A directora xeral da Garda Civil, María Gámez, entregou este mércores os recoñecementos pola loita contra a violencia sobre a muller. Trátase da segunda edición destes premios cos que a Garda Civil distingue o traballo tanto de persoas e institucións, como das propias unidades e axentes que traballaron contra a violencia de xénero.

Entre os distintos recoñecementos outorgados atópase o Equipo de VIOXEN de Vilagarcía de Arousa, "por el trabajo realizado por el personal que integra dicho equipo".

A directora xeral subliñou a importancia da educación e a formación para erradicar a violencia que se exerce sobre as mulleres. "No podemos permitirnos ni un retroceso, por mínimo que parezca, sino todo lo contrario. Y en ese camino está inmerso la Guardia Civil", dixo.

Este ano na Garda Civil puxéronse en marcha os equipos de Violencia de Xénero cos 233 equipos a nivel de Compañía e de Posto Principal, e destináronse máis efectivos en exclusiva para este servizo e impulsado a formación entre o persoal de Seguridade Cidadá porque son as patrullas e os postos territoriais os primeiros en atender ás vítimas. Igualmente, duplicouse o número de efectivos da Garda Civil para estes casos, ata os 1.275 axentes (incluídos os especialistas dos EMUMES).

No que leva de ano, superáronse as 600.000 actuacións relacionadas coa protección das vítimas, un 16% máis que en todo 2021 (532.815) e un 33% máis que en 2020 (462.413). Os acompañamentos aos xulgados das vítimas, tanto con orde de protección como sen ela, duplicáronse este 2022 e as vixilancias sobre os agresores creceron un 41%. 

Tamén aumentaron os contactos telefónicos coas vítimas, igual que as contravigilancias, que subiron un 20%.

 

Arquivado en