Axentes do Subsector de Tráfico de Pontevedra da Garda Civil comezaron a entregar 400 chalecos de alta visibilidade nas estradas da provincia de Pontevedra. A iniciativa forma parte dun Plan especial de prevención de atropelos que acaba de poñer en marcha a Dirección General de Tráfico (DGT).
A distribución dos chalecos comezou nun punto de paso de peregrinos da parroquia de Portela, no concello de Barro.
Este plan ten como obxectivo concienciar sobre a importancia de facerse ver na estrada e está dirixido tanto aos aos peóns e ao resto de usuarios cos que conviven que se despracen polas vías sen facer uso deste tipo de pezas.
Con esta campaña búscase fomentar o uso destes elementos reflectores nos peóns e consolidar un hábito de comportamento seguro na súa mobilidade.
No que vai de ano na provincia de Pontevedra, 6 peóns faleceron atropelados en vías interurbanas, o que implica un importante aumento con respecto a anualidades precedentes. Desde o ano 2019 ata a actualidade, en vía interurbana, o número de peóns falecidos en atropelos foron 14.
Dentro desta campaña, tamén se lembra aos condutores a obrigación de levar as luces do vehículo acendidas en caso de pouca luminosidade ou de meteoroloxía adversa xa que tamén deben facerse visibles aos demais usuarios da vía, e moderar a velocidade en zonas de movementos de peóns (travesías, carreiros, zonas con casas, etc).
Os estudos de accidentalidade indican que: a 80 km/h, en caso de atropelo, falece o 95%; a 50 km/h, o 50% e a unha velocidade de 30 km/h, o 5%. Se se ten en conta a idade avanzada do atropelado, estes datos aínda poderían agravarse máis.