Ata Pontevedra desprazouse toda a cúpula nacional da Dirección Xeral de Tráfico. Fixérono, segundo o seu máximo responsable, Pere Navarro, como un "reconocimiento" ao traballo realizado nesta cidade "que ha sido, es y continuará siendo un referente en movilidad urbana".
"Para la DGT ha sido nuestro referente y nos ha ayudado mucho porque ha sido tractor para introducir el tema de la movilidad segura y sostenible en las ciudades", asegurou o director xeral de Tráfico, que se desfixo en eloxios cara a Pontevedra.
Navarro sostivo que "cuando nadie hacía nada" en materia de mobilidade, en Pontevedra "ya se tomaban medidas" para reforzar a seguridade viaria e "cuando todos empezábamos a hablar de ciudades humanas, razonables y sostenibles, aquí ya la estaban construyendo".
De aí a elección de Pontevedra como lugar de traballo, na que todos os xefes provinciais de Tráfico reuníronse para trazar as liñas mestras da que será a Estratexia de Seguridade Viaria 2030, que pretende regular a mobilidade futura das cidades na próxima década.
E, neste ámbito, Pere Navarro apuntou que Pontevedra volverá servir de inspiración, como o fixo no seu día sendo a primeira cidade española en implantar a zona 30 en todo o seu territorio. Así o asegurou durante a inauguración desta convención de directivos.
Así, entre as ideas que, segundo o director da DGT, merece "cierta reflexión" ao considerar que son "muy potentes", Navarro citou o sistema de aparcamentos de Pontevedra, en especial a zona de servizos que permite o estacionamento libre durante quince minutos.
España, subliñou o responsable de Tráfico, "es un país de gente mayor" e nas cidades hai un tema que "no está resuelto", a inexistencia de espazos "para encochar y desencochar al abuelo, a un niño o a un paciente", ao situar carrís bus e carrís bici xunto ás beirarrúas.
"Dentro de poco veremos cómo las ciudades empiezan a preocuparse por esto", augurou Pere Navarro, que tamén destacou o feito de que en Pontevedra non existan grandes áreas comerciais nos arredores, o que contribúe a mellorar a mobilidade.
Todo o modelo urbano de Pontevedra, reiterou Navarro, é un "caso de éxito" e avogou por poñelo en valor porque "muchas veces te reconocen fuera y en casa no".
APOIO ÁS ZONAS DE BAIXAS EMISIÓNS
Ademais, o director xeral da DGT quixo expresar o seu apoio á solución exposta desde Pontevedra para a creación das zonas de baixas emisións que están obrigadas a activar as cidades de máis de 50.000 habitantes antes de 2023.
"Aquí toda la ciudad es una zona de bajas emisiones", defendeu o dirixente estatal, en consonancia coas teses sostidas desde Pontevedra, porque ao seu xuízo "aquí la calidad del aire no es ni ha sido un problema desde hace muchos años".