Todo o mundo tenta poñer da súa parte para tentar superar canto antes a crise sanitaria do coronavirus Covid-19.
Iso quixo facer este luns por exemplo o grupo Panaderías A'Devesa, repartindo un pequeno detalle no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
A cadea de panaderías agasallou ao persoal sanitario con bicas co propósiro de 'endulzar' o seu esforzo.
A doazón foi repartida por diversas unidades do complexo ao longo da mañá. Un detalle que a recado agradeceron os profesionais sanitarios.