A Deputación reparte medio millón de euros entre organizacións sen ánimo de lucro da provincia

Pontevedra
07 de outubro 2022

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, presentou tamén unha nova edición dos premios Sofía Novoa, unha nova iniciativa turística e defendeu os orzamentos xerais do Estado

Comparecencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, antes da Xunta de Goberno
Comparecencia da presidenta da Deputación, Carmela Silva, antes da Xunta de Goberno

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, compareceu este venres en rolda de prensa para detallar os asuntos para tratar na Xunta de Goberno, que incluía na súa orde do día, a concesión de subvencións a 105 organizacións sen ánimo de luvro por un valor total de 470.000 euros.

Trátase de entidades que exercen o seu labor en 19 municipios da provincia e están relacionadas con aspectos tan importantes para a sociedade como comedores sociais, bancos de alimentos, programas de fisioterapia, integracion sociolaboral, atencion a persoas con diversidade funcional ou apoio a familias vulnerables.

Doutra banda, a mandataria presentou unha nova edición dos premios Sofía Novoa, que concederán aos dous mellores traballos de fin de grao e máster 2.000 euros, así como 600 euros á mellor tese.

Outro aspecto máis que destacou a socialista foi a participación da Deputación nos wokshops de turismo que terán lugar este ano en Bilbao e ao que acudirán un total de 25 empresas turísticas da provincia.

O evento servirá para establecer lazos de colaboracion con outras empresas do sector fincadas tanto na cidade vasca como en Sevilla, que participa tamén neste acontecemento que o ano pasado tivo lugar en Valencia.

Tamén defendeu a presidenta os orzamentos xerais do Estado, mostrou o seu orgullo por haber recido o premio Martín Códax da música o programa Descúbreas e criticou o contido machista dun vídeo viral protagonizado por uns estudantes dun colexio maior de Madrid.