A Deputación recibe o proxecto da Rolda Leste de Pontevedra

Pontevedra
01 de agosto 2014

"Con este proxecto dicimos adeus ao Camiño das Pereiras". Con esta consideración saudou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a recepción do proxecto construtivo da denominada Rolda Leste da cidade de Pontevedra

Recepción do proxecto da Ronda Leste
Recepción do proxecto da Ronda Leste

"Con este proxecto dicimos adeus ao Camiño das Pereiras". Con esta consideración saudou o presidente da Deputación, Rafael Louzán, a recepción do proxecto construtivo da denominada Rolda Leste da cidade de Pontevedra.

A Deputación de Pontevedra adxudicou á empresa Eptisa, por un importe de 37.649 euros, a redacción deste proxecto de construción do novo vial comprendido entre o tramo PO-542 (Ponte Bora-O Pino) e PO 532 (Pontevedra-Ponte Caldelas), acceso a Montecelo e Príncipe Felipe.

O proxecto afecta a 63 propietarios de terreos e obrigará á expropiación parcial de 33.472 metros cadrados de fincas de labradío, pero tamén 15 eucaliptais e 3 robledais. Os terreos afectados son de solo non urbanizable común e de solo non urbanizable de núcleo rural. 

A actuación prevista no proxecto consiste na execución da vía cunha sección de única calzada, con dous carrís de circulación de 3,5 metros, arcéns de 1 metro e unha senda peatonal de carril bici e acera de 4 metros.

A via proxectada enlazará a glorieta esistente na PO-542 (tramo Pino-Bora) coa estrada provincial EP-0003, resolvendo a intersección mediante unha glorieta. A vía continúa ata a conexión coa estrada PO-532 cuxa intersección se resolve cunha terceira glorieta, a cal, á súa vez, enlazará coa vía que dá acceso a Príncipe Felipe e o Hospital de Montecelo. Este acceso será modificado para conectarse coa nova glorieta.

O trazado terá unha lonxitude de 970 metros transcurrindo de sur a norte e lixeiramente hacia o este pola zona interior do concello. Os traballos teñen un prazo de execución de 9 meses.

 

Louzán comprometeuse a acelerar os trámites para empezar a construír canto antes esta infraestruturas que ten un presuposto de 2.334.660 euros.

Arquivado en