A Deputación lamenta a "acción vandálica" contra o Museo

Pontevedra
14 de novembro 2012

O muro do edificio Fernández López do Museo de Pontevedra (fronte ao Edificio Sindical) volveu a sufrir unha pintada alusiva á folga xeral. A responsable política do Museo de Pontevedra, a deputada popular, Ana Isabel Vázquez cualificou de "acción vandálica" a este atentado contra o patrimonio cultural e asegurou que "este non é o modo de reivindicar unha folga xeral, causando dano".

Pintada no edificio del Museo
Pintada no edificio del Museo / PontevedraViva

O muro do edificio Fernández López do Museo de Pontevedra (fronte ao Edificio Sindical) volveu a sufrir unha pintada alusiva á folga xeral.

A responsable política do Museo de Pontevedra, a deputada popular, Ana Isabel Vázquez cualificou de "acción vandálica" a este atentado contra o patrimonio cultural e asegurou que "este non é o modo de reivindicar unha folga xeral, causando dano".

A pintada realizada de madrugada e a primeira hora da mañá empregados e responsables desta institución museística informaron do suceso.

O grafiti pintado en cor vermella di "FOLGA XERAL"

Trala última pintada sufrida en leste mesmo muro do Museo, o presidente da Deputación, Rafael Louzán anunciaba que, dado que "chove sobre mollado", reforzaría a vixilancia dos inmuebles históricos e do patrimonio da institución provincial na cidade para evitar que se repitan actos vandálicos que os danen.

A limpeza da anterior pintada no edificio do Museo tivo un custo de 600 euros, segundo os técnicos provinciales.

 

Arquivado en