A Deputación impulsou no 2022 nove proxectos na cidade de Pontevedra

Pontevedra
01 de xaneiro 2023

A esta listaxe habería que engadir outras obras propias da Deputación que se executan no municipio de Pontevedra  

Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra
Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra / Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra impulsou ao longo deste pasado ano 2022 nove proxectos na cidade de Pontevedra. 

A través de seis convenios asinados co Concello capitalino, leváronse a cabo as infraestruturas de servizo para a ampliación de Montecelo ou a rehabilitación interior da Casa do Concello, ambas as dúas en execución.

Tamén a reforma das vías de perímetro da praza de Barcelos, unha obra aínda sen comezar.

Ademáis a administración provincial impulsou na cidade do Lérez distintas actividades de saúde e lecer, ou de promoción da actividade física e do deporte.

E no último día do ano o Goberno local deu luz verde a outro investimento da Deputación, de 1,5 millóns de euros adicados á a renovación da iluminación pública na zona sur do centro urbano.

A esta listaxe habería que engadir outra a obras propias da Deputación que se desenrolan no municipio de Pontevedra. Así, a institución ten en marcha a rehabilitación do CEIP Daría González, na cidade infantil Príncipe Felipe, a recuperación ambiental da Xunqueira de Alba co traslado das dependencias propias do Parque de Maquinaria e da Imprenta Provincial e a musealización dixital do Palacete das Mendoza.