O auditorio do centro Príncipe Felipe acolleu este mércores a entrega dos primeiros premios do certame "E ti, que pensas da igualdade" promovidos pola Deputación de Pontevedra.
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, entregou estes 21 galardóns repartidos en distintas categorías ante un público composto por una 400 estudantes de Educación Primaria, Especial, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, procedentes centros de toda a provincia.
"A igualdade é o futuro da provincia", manifestou o presidente da Deputación convencido do "acerto" que supuxo este concurso que consistiu na elaboración por parte dos estudantes de traballos individuais ou grupais que reflectiran o que entenden eles por igualdade.
Deste xeito, os de Primaria elaboraron debuxos, collages e contos; mentres que os da ESO e FP fixeron bandas deseñadas, videopoesías, cancións e podcasts.
Luis López resumiu que estes traballos "van nunha mesma liña, compartindo unha mesma causa e unha mesma reivindicación" que é que "a nosa sociedade camiña cara a Igualdade plena e real entre homes e mulleres, na nosa provincia rexeitamos calquera tipo de discriminacións entre homes e mulleres e a nosa veciñanza está comprometida para pechar esas fendas de xénero que son cada vez máis estreitas, pero tristemente aínda existen".
O presidente da Deputación de Pontevedra díxolles ao estudantado presente no auditorio que "sen vós non imos poder construír esa sociedade do futuro que estou seguro que será unha sociedade: igualitaria, xusta e inclusiva", asegurou López.
Por último, na súa intervención o mandatario provincial lembrou que "conseguir unha sociedade igualitaria é cousa de todos".
Listaxe completa de premiados
- 1º e 2º de primaria. Categoría individual.
- 3º premio: Andrea Blanco Cortés (CEIP Virxe do Rocío de Vigo, 2º de primaria).
- 2º premio: Alba Martínez Muñiz (CEIP Coirón-Dena de Meaño, 2º de primaria).
- 1º premio: Arián Domínguez Carneiro (CEIP Sabarís de Baiona, 1º de primaria).
- 3º e 4º de primaria. Categoría individual.
- 3º premio: Pablo Cacabelos Ramallo (CEIP Coirón-Dena de Meaño, 4º de primaria)
- 2º premio: Lucía Sanmartín González (CEIP Coirón-Dena de Meaño, 4º de primaria)
- 1º premio: Carla Fandiño Cobas (CEIP Coirón-Dena de Meaño, 4º de primaria)
- 3º e 4º de primaria. Categoría grupal
- 1º premio: Clase de 3º B do CEIP Coirón-Dena de Meaño.
- 5º e 6º de primaria. Categoría individual.
- 3º premio: Leticia Fernández María (CEIP Virxe do Rocío de Vigo, 5º de primaria).
- 2º premio: Noelia García del Río (CEIP Sequelo de Marín, 5º de primaria).
- 1º premio: Iván Gamallo Gómez (CEIP Virxe do Rocío de Vigo, 6º de primaria)
- 5º e 6º de primaria. Categoría grupal
- 3º premio: Clase de 5º do CEIP San Benito de Lérez de Pontevedra.
- 2º premio: Clase de 6º do CEIP Virxe do Rocío de Vigo.
- 1º premio: Clase de 5º do CEIP San Roque de Darbo (Cangas).
- Educación especial. Categoría individual.
- 3º premio: Estela Pintos Ligero (CEE Pontevedra).
- 2º premio: Lucía Vázquez García (CEE Pontevedra).
- 1º premio: Natalia Rodríguez Argibay (CEE Pontevedra).
- Educación especial. Categoría grupal.
- 1º premio: CEE Pontevedra.
- Educación Secundaria Obrigatoria. Categoría grupal.
- 3º premio: Colexio Labor de Vigo.
- 2º premio: CPI Arquitecto Palacios de Nigrán.
- 1º premio: IES Luis Seoane de Pontevedra.
- Bacharelato e FP básica ou de Grao Medio. Categoría individual.
- 1º premio: Yara Tristán Pais (IES O Carril de Vilagarcía).