A Deputación de Pontevedra ven de poñer a disposición do Goberno central axuda para a acollida de refuxiados. A presidenta, Carmela Silva, remitíu hoxe aos Ministerios de Exterior, Interior e Emprego, respectivos escritos nos que ofrece colaboración e axuda para acoller a persoas que están fuxindo de conflictos bélicos.
As misivas, remitidas aos ministros García Margallo, Fernández Díaz e Fátima Báñez, comparten o mesmo ofrecemento: “Dende a Deputación de Pontevedra, institución que me honro en presidir, me dirixo a vostede, para ofrecerlle ao goberno de España, toda a colaboración necesaria para facer fronte á dramática situación que están a vivir os refuxiados de guerra, e poñer a disposición do Ministerio a axuda que sexa necesaria para o acollemento ás víctimas”.
Onte mesmo a través dunha demanda cidadán, a plataforma Change.org fixo pública unha chamada para que a entidade provincial destine a este fin as instalacións da Cidade Infantil Príncipe Felipe. Unha petición que conta xa con máis de trescentas adhesións.