A Deputación aproba destinar 455.000 euros para uns novos vestiarios na piscina de Cambados

O Salnés
10 de agosto 2018

A Xunta de Goberno provincial aprobou este venres o proxecto para a execución da obra de demolición e reconstrución do bloque de vestiarios e instalacións anexo ás obras de actualización da piscina climatizada do Pombal

Primeira pedra da nova piscina de Cambados
Primeira pedra da nova piscina de Cambados / Deputación de Pontevedra

A Xunta de Goberno da Deputación aprobou este venres o proxecto para a execución da obra de demolición e reconstrución do bloque de vestiarios e instalacións anexo á piscina climatizada do Pombal, en Cambados.

O orzamento base de licitación para este fin vai ser 455.000 euros.

Trátase dunha actuación que complementará as obras de renovación da piscina, da cuberta e para a súa climatización, cuxo convenio asinado no seu momento co Concello de Cambados ascende a 902.000 euros.

A administración provincial declarou ademais de urxencia a tramitación do expediente de contratación co fin de previr danos ás persoas usuarias.

"Vai servir para paliar as graves deficiencias que se detectaran", explicou a presidenta da Deputación, Carmela Silva.