A Deputación anima ao Concello de Caldas a desbloquear a construcción de beirarrúas na Travesía Dona Urraca

Umia
27 de xuño 2024

A actuación desenvólvese nun tramo no que se sitúan as instalacións da Garda Civil, polo que a deputada Isabel Couselo trasladoulle ao alcalde de Caldas que a vía para a posta a disposición dos terreos, indispensable para iniciar as obras, é a mutación demanial

Travesía Doña Urraca
Travesía Doña Urraca / Concello de Caldas de Reis

A Deputación de Pontevedra trasladou ao Concello de Caldas a vontade de desbloquear o proxecto de recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na estrada provincial EP-8005 Rúa Parque, coñecida como Travesía Dona Urraca. 

A actuación desenvólvese nun tramo no que se sitúan as instalacións da Garda Civil, polo que a deputada de Infraestruturas, Isabel Couselo, comunicou ao alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, que a vía para a posta a disposición dos terreos é a mutación demanial e convidou ao goberno local a abrir negociacións co Ministerio do Interior para poder avanzar no proxecto.

O obxectivo da Deputación, tal e como subliñou Couselo, é buscar solucións a "un proxecto herdado do anterior mandato provincial".

Segundo informou a Deputación, este proxecto comezou a xestarse en maio do 2022 pero non puido materializar debido á imposibilidade de poñer a disposición os terreos debido a que, tal e como informou por escrito o Ministerio do Interior, os que ocupa a Garda Civil deben excluírse do procedemento expropiatorio.