A Deputación adxudicará este venres a Nieto Sobejano o proxecto e dirección de obra da rehabilitación de Santa Clara

Pontevedra
06 de marzo 2024

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez anunciou que o goberno provincial ten previsto adxudicar este venres a Nieto Sobejano, por 1.742.400 euros, o proxecto e dirección de obra da rehabilitación de Santa Clara para que forme parte e convértase no 7º edificio do Museo de Pontevedra

Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra
Rafa Domínguez, vicepresidente da Deputación de Pontevedra / Mónica Patxot

O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez anunciou que o goberno provincial ten previsto adxudicar este venres a Nieto Sobejano, por 1.742.400 euros, o proxecto e dirección de obra da rehabilitación de Santa Clara para que forme parte e convértase no 7º edificio do Museo de Pontevedra.

Nunha rolda de prensa celebrada este mércores, Rafa Domínguez informou dos últimos avances no procedemento administrativo para a execución das obras de reforma do antigo convento e agradeceu ao estudo de arquitectura "la seriedad y la capacidad de adaptación, así como su profesionalidad".

Segundo lembrou, despois de aprobar o goberno provincial o pasado día 30 de xaneiro o expediente de contratación mediante procedemento negociado sen publicidade de servizo de redacción do proxecto e dirección de obra para a rehabilitación arquitectónica e ampliación do recinto conventual de Santa Clara para uso destinado ao museo, iniciouse a negociación con Nieto Sobejano Arquitectos, a empresa gañadora do concurso internacional de ideas.

Para esa negociación por parte da Deputación nomeouse a un equipo técnico para abordar con Nieto Sobejano a oferta inicial e os aspectos económicos, arquitectónicos e técnicos descritos no prego de contratación. O pasado 16 de febreiro pechouse a negociación con "un acuerdo en todos los aspectos" e o estudo de arquitectura xa presentou a súa oferta final que foi valorada positivamente polos servizos de arquitectura da Deputación polo que agora procédese á contratación desta firma.

Para Rafa Domínguez esta "celeridad" neste proceso reflicte "la alta implicación y la alta calidad técnica" dos funcionarios da administración provincial e tamén "el compromiso que mantiene la Deputación de Pontevedra con el proyecto para que Santa Clara sea una realidad". 

Segundo avanzou, unha vez que se aprobe a adxudicación, producirase a formalización do contrato que contempla catro fases. Na primeira Nieto Sobejano ten que entregar un proxecto básico de execución en menos de dous meses. Unha vez este proxecto sexa estudado e valorado pola Deputación, pasaríase a unha segunda fase na que a empresa tería que entregar en catro meses un proxecto de execución desde o informe favorable da Deputación. A terceira fase correspondería ao comezo das obras e a cuarta sería a liquidación do contrato unha vez estea finalizado. 

"Santa Clara avanza de forma contundente", manifestou o vicepresidente da Deputación, que advertiu que este asunto "tiene una complejidad técnica, arquitectónica, jurídica y desde el punto de vista de contratación, extrema". Polo que Rafa Domínguez admitiu que "estoy convencido de que nos encontraremos con muchos baches en el camino, pero estoy convencido de que los vamos a ir resolviendo". 

Ademais, o vicepresidente anunciou o acordo alcanzado por con o Arcebispado de Santiago para a adquisición por parte da Deputación da sede en Pontevedra ás Obras Misionais Pontificias. Este inmoble comprarase por 120.000 euros para ser acondicionado como unha das futuras entradas ao recinto museístico de Santa Clara. A Deputación pecha con esta compra unha negociación iniciada pola administración anterior.

Por último, Rafa Domínguez adiantou a súa intención de convocar unha reunión do denominado Pacto por Santa Clara, unha comisión de seguimento deste proxecto na que participa o Concello da capital. "Creo, y lo digo sinceramente, que en el proyecto de Santa Clara, así como muchos otros, debemos ir de la mano, Concello y Deputación", concluíu Domínguez, "queremos ir de la mano en este proyecto".