O presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, mantivo este mércores unha reunión co ministro de sanidade Saharaui, Salek Baba Hassana, no Pazo Provincial.
Durante o encontro, abordaron as necesidades de cooperación coas persoas que habitan os campamentos de refuxiados do Sáhara.
O encontro estivo enmarcado na visita dunha delegación do pobo saharaui a Galicia, da que forma parte o ministro Salek Baba Hassana, quen tratou co presidente provincial e tamén con outros representantes do goberno da Xunta de Galicia a situación actual dos campamentos de refuxiados do Sáhara.
Na reunión tamén estiveron presentes Maite Isla, presidenta de Solidariedade Galega do Pobo Saharaui (SOGAPS); e Mohamed Mehdi Zerga, delegado saharaui en Galicia.