A Cruz Vermella distribúe 10.000 quilos de alimentos en Pontevedra

Pontevedra
24 de febreiro 2017

A organización encárgase de proporcionar estes alimentos básicos a 3.225 persoas pertencentes a familias desfavorecidas na provincia dentro dun programa que se desenvolve en tres fases

Remolque da Cruz Vermella
Remolque da Cruz Vermella

Ata o próximo 30 de abril, Cruz Vermella Española ten previsto distribuír en Pontevedra 10.191 quilos de alimentos entre 3.225 persoas que se atopan en situación vulnerable. 

A campaña forma parte do Programa 2016 de Axuda Alimentaria destinado á axuda de persoas desfavorecidas. O Programa está financiado nun 85% polo Fondo de Axuda Europea (FEAD) e polo goberno español. 

Os alimentos son trasladados por Cruz Vermella Española e pola Federación de Bancos de Alimentos.  En Pontevedra participan 21 organizacións que están asociadas para levar ata as persoas que se atopan nunha situación de dificultades económicos estes alimentos básicos. 

A cesta de alimentos inclúe catorce produtos pouco perecedoiros como arroz branco, lentellas, tarros infantís para bebés, cereais infantís, leite de continuación en po, leite UXT, aceite de oliva, atún en conserva, pasta alimenticia, tomate frito, galletas, crema de verduras deshidratada, froita en conserva sen azucre engadido e xudías verdes en conserva. En xeral, trátase de produtos nutritivos que axudan a facer fronte ás principais necesidades tanto de adultos como de menores.