A marea de granulados, coñecidos como 'pellets', que está a chegar á costa galega desde mediados de decembro aínda non fixo acto de presencia en Vilaboa.
Así o confirmou este martes o Concello, que este martes realizou unha supervisión da costa e xa anuncia que continuará coas tarefas de control e vixilancia nos vindeiros días.
O alcalde de Vilaboa, César Poza, e distintos integrantes do goberno local participaron ese martes, en diferentes horarios, nunha supervisión da costa para detectar a posible chegada de granulados.
Nunha destas roldas de vixilancia participou tamén unha bióloga da zona para analizar a posible presenza dos plásticos nas praias, remexendo os restos de algas e outro tipo de restos mariños que están chegando á costa en abundancia polos temporais, por si se detectaba a presenza dos plásticos no medio.
Finalmente, confirmaron nas praias de Forno do Cal, Pousada, Riomaior e Deilán non se apreciou a súa presenza.