A corporación municipal abordará no próximo pleno unha moción na que se condena a guerra unilateral iniciada por Rusia coa súa invasión de Ucraína.
Hai unha semana, antes do inicio deste conflito bélico, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, en representación de toda a cidadanía condenou o ataque de Rusia contra Ucraína sumándose así ás críticas unánimes de toda a comunidade internacional.
Miguel Anxo Fernández Lores denunciaba que "ningunha guerra dá resultados que non sexan os mortos", e lamentaba que en pleno século XXI "non sexamos capaces de resolver as diferenzas que poidan existir pola vía diplomática" e se renuncie ao diálogo e ao entendemento.
Agora, o Partido Popular de Pontevedra rexistrou unha moción na que se insta a que a corporación condene a agresión de Rusia, exprese a total solidariedade da cidade do Lérez con Ucraína e, en especial, cara aos ucraínos que vivan en Pontevedra.
Ademais, pedirá o apoio unánime á petición de alto ao fogo e retirada das tropas rusas.