A Xunta de Portavoces do Concello de Marín nunha xuntada celebrada esta mañan acordou o apoio da Corporación Municipal á Manifestación dos traballadores da flota de Mauritania que se celebrará o venres día 14 de decembro ás 20.30 horas, invitando ós veciños de Marín a que asistan.
Asimesmo esta institución demanda da Unión Europea e dos responsables políticos do Goberno español e galego que se leve a cabo "o bloqueo do actual acordo ante o Parlamento Europeo".
E finalmente demanda dos responsables políticos "que se negocie un acordo xusto que permita á flota galega volver ao caladoiro de Mauritania, xa que non existan razóns obxectivas para que a UE ratificase un acordo que deixa fóra a flota cefalopodeira mentres se permite que o caladoiro sexa ocupado por terceiros paises".
Mentras os mariñeiros acordaron en asamblea prolongar 24 horas máis o seu peche no salón de plenos. Barállase a posibilidade de prolongala protesta ata o venres e rematar coa manifestación.