A corporación de Poio cambia o Pleno por unha reunión cos afectados polas preferentes

Poio
30 de abril 2013

A convocatoria política converteuse nunha reunión improvisada na que as plataformas de afectados tiveron todo o protagonismo. Así Rosana Prado, portavoz da Plataforma Marín Pontevedra, informou aos políticos que no municipio de Poio hai 414 afectados, dos cales 246 recuperaron a totalidade do seu diñeiro "en cartos isto significa que nove millóns de euros están agora mesmo parados"

Concello de Poio
Concello de Poio / PontevedraViva

A corporación municipal de Poio decidiu por unanimidade non celebrar o Pleno en solidariedade cos afectados polas Preferentes e Subordinadas ao consideralo un tema "prioritario" que merecía ser atendido antes que outras cuestións.

A convocatoria política converteuse nunha reunión improvisada na que as plataformas de afectados tiveron todo o protagonismo.

En Poio hai 414 afectados dos que 246 recuperaron a totalidade do seu diñero

Así Rosana Prado, portavoz da Plataforma Marín Pontevedra, informou aos políticos que no municipio de Poio hai 414 afectados, dos cales 246 recuperaron a totalidade do seu diñeiro "en cartos isto significa que nove millóns de euros están agora mesmo parados".

Sen dúbida este último dato foi o que máis sorprendeu aos representantes municipais e tamén o que máis axudou á hora de dimensionar o alcance real e a importancia deste problema no Concello de Poio, segundo coincidiron todos en sinalar.

Tras hora e media de reunión, o Pleno estaba convocado ás 19:30 horas, os tres portavoces municipais BNG, PP e PSdeG, decidiron que se volverán a reunir cos representantes das Plataformas, o xoves ás 20:00 horas "para tomar medidas en conxunto e mostrarnos o seu apoio e amostrar que están do noso lado", apuntou Rosana Prado.