A contorna do Lago Castiñeiras terá un auditorio ao aire libre e un novo merendeiro

Pontevedra
22 de agosto 2024

A iniciativa inclúese no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino financiado con fondos Next Generation

Lago Castiñeiras
Lago Castiñeiras /

O Concello de Marín acaba de adxudicar dúas iniciativas vinculadas ao turismo deste municipio. Ditas accións correspóndense ao Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, financiado con fondos Next Generation. Ambas as actuacións deben executarse durante o ano en curso.

Unha das iniciativas contempla a mellora da contorna do Lago Castiñeiras dotándoo dun auditorio ao aire libre e dunha nova zona de merendeiro. Para iso crearase e reordenará espazo de estacionamentos de vehículos e de carreiros peonís.

Este proxecto adxudicouse por un importe de 153.428 euros. A segunda iniciativa refire á próxima campaña de promoción turística á que se destinan outros 30.250 euros. Esta campaña centrarase no esforzo de sustentabilidade turística que está a levar a cabo o Concello de Marín.

Doutra parte, o goberno marinense vai destinar 20.000 euros procedentes do Ministerio de Igualdade para dar continuidade a proxectos e actividades de concienciación contra a violencia machista.

A citada contía será xestionada polo Centro de Información á Muller para sufragar programas a desenvolver desde o pasado xullo ata final de xuño do ano próximo.