A Concellería do Mar da Xunta de Galicia activou un dispositivo de vixilancia e avaliación das zonas que poden verse afectadas pola chegada de cinzas ou corremento de terras derivados das intensas choivas do domingo.
Ante o temor de que os bancos marisqueiros próximos a zonas queimadas nos recentes incendios se vexan afectados, intensificouse a vixilancia nos lugares máis sensibles, como é o caso da desembocadura do río Verdugo, en Ponte Sampaio.
Ademais do persoal de Desenvolvemento Pesqueiro, o Servizo de Gardacostas revisou zonas de Arcade-Ponte Sampaio e Baiona onde se aprecia a presenza de ramas e auga turbia.
A alerta tamén afecta o municipio da Guarda ou a desembocadura do río Miñor, en Nigrán.
No caso en que se produzan danos nos bancos marisqueiros a Consellería do Mar sinalou que conta cunha partida orzamentaria dun millón de euros para facer fronte a esta situación e tentar minimizar os seus efectos.