A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, mostrou a súa satisfacción pola presentación por parte da empresa ENCE dun pacto ambiental para Galicia. Entende que este paso dado polos dirixentes da fábrica pasteira ofrece unha resposta a todo o solicitado pola Xunta de Galicia á entidade.
Segundo Matogueira, o anuncio dun investimento de 176 millóns de euros confirma un compromiso por parte da dirección de Ence coa comarca de Pontevedra e con Galicia, máis aló das obrigas que ten despois de que o goberno central haxa prorrogado a súa presenza en Lourizán.
A conselleira insiste en que este pacto pola mellora ambiental supoñerá, ademais de investimentos medio ambientais, unha aposta pola creación de emprego.
Neste sentido apuntou ao compromiso realizado pola pasteira para investir 15 millóns de euros na mellora da depuradora de Os Praceres, na intervención no centro de investigación e desenvolvemento en Pontevedra, ademais da intención de reforzar o traballo en bioenergía nas instalacións industriais.