A confraría da Nosa Nai da Maior Dor deixa de ser exclusivamente feminina

Pontevedra
30 de xaneiro 2024

As confrades acordaron un cambio nos seus estatutos para acoller a novos membros sen discriminación de xénero

Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo 2023
Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Jesús Nazareno coa Cruz ao lombo 2023 / Mónica Patxot

A confraría da Nosa Nai da Maior Dor valora como "un paso significativo cara á inclusión e a diversidade" a decisión adoptada na súa asemblea xeral na que as confrades acordaron deixar de ser unha confraría unicamente feminina, pasando a ser, como todas as confrarías da Semana Santa de Pontevedra, unha agrupación "sen distinción de xénero".

Esta decisión marca un fito na historia da confraría debido a que se creou cun carácter unicamente feminino. 

Este cambio nos estatutos, xa aprobados polo Arcebispado de Santiago de Compostela, permitirá a todos aqueles interesados unirse á nosa Confraría e participar activamente nas súas actividades.

Ao xa tradicional hábito feminino negro con mantilla negra e luvas, incorporarase como opción un hábito penitencial con túnica, capa e capirote negro.

Arquivado en