A condutora dun vehículo accidentado en Campelo dá positivo en alcoholemia

Poio
27 de xuño 2022

A Policía Local de Poio informou que este domingo 26 de xuño, sobre as 21:30 horas, foron requiridos por un accidente de circulación no Camiño do Castelo, dirección Campelo por unha saída de vía  

Accidente de tráfico en Campelo
Accidente de tráfico en Campelo / Concello de Poio

A Policía Local de Poio informou que este domingo 26 de xuño, sobre as 21:30 horas, foron requiridos por un accidente de circulación no Camiño do Castelo, dirección Campelo por unha saída de vía.

Ao chegar ao lugar a condutora do vehículo sinistrado estaba semiinconsciente e non reaccionaba á chamada dos axentes.

Esta muller foi sometida ás probas de alcoholemia que deron un resultado de 0.85 e 0.89 Mlgr/litro en aire expirado. 

Desde a Xefatura da Policía Local de Poio destacan que esta semana pasada rexistráronse no municipio tres accidentes constitutivos de delitos contra a seguridade viaria. As dilixencias serán trasladadas ao xulgado de garda para celebración dos correspondentes xuízos rápidos. Tamén se reclaman os danos causados a propiedades privadas.