A comunidade estranxeira en Pontevedra bate récord e xa roza as 5.400 persoas

Pontevedra
29 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

A chegada de poboación estranxeira é unha das principais claves do incremento que rexistrou Pontevedra durante 2023 no número de habitantes. Os cidadáns procedentes doutros países bateron récord e son xa 5.386 persoas

Xente paseando polas rúas de Pontevedra
Xente paseando polas rúas de Pontevedra / Mónica Patxot

A chegada de poboación estranxeira é unha das principais claves do incremento que rexistrou Pontevedra durante 2023 no número de habitantes. Os cidadáns procedentes doutros países bateron récord e son xa 5.386 persoas.

É a cifra máis alta de poboación estranxeira que se rexistrou xamais na Boa Vila. Son 674 máis que o ano anterior, cando xa superara todas as marcas (4.712 persoas).

E a tendencia continúa manténdose, xa que nos dous primeiros meses de 2024 a cifra seguiu crecendo, iso si, máis timidamente ata os 5.389 residentes estranxeiros

A comunidade internacional máis numerosa en Pontevedra é a de Venezuela (811), seguida da de Colombia (698), Portugal (485), Brasil (427), Marrocos (397), Perú (327), Italia (226), China (185), Arxentina (153), Romanía (150) e Senegal (143).

Superan tamén o medio centenar de expatriados os chegados desde República Dominicana (90), Reino Unido (88), Estados Unidos (83), Ghana (81), Francia (77), Cuba (75), Alemaña (69), Ecuador (63),  Uruguai (63), Ucraína (61), Paraguai (52), México (51).

En total, conviven en Pontevedra cidadáns e cidadás procedentes de ata 94 nacionalidades diferentes, incluídos destinos tan remotos como Guinea, Iraq, Bangladesh, Finlandia, Tanzania, Malaisia, Israel, Xapón, Irán, Australia, Gambia, Vietnam, Exipto ou Singapura.