A comunidade escolar do CEIP Montemogos alza a voz contra a guerra desde Beluso

Bueu
18 de marzo 2022

O Parque Joe Novas acolleu un acto organizado por este centro educativo de Bueu, no que participou todo o alumnado, profesorado e familias

A comunidade escolar do CEIP Montemogos organiza un acto contra a guerra en Ucraína
A comunidade escolar do CEIP Montemogos organiza un acto contra a guerra en Ucraína / Concello de Bueu

O Parque Joe Novas de Beluso foi escenario este venres dun emotivo acto organizado polo CEIP Plurilingüe Montemogos para protestar contra a guerra e a favor da paz.

Silvia Carballo, concelleira de promoción económica e turismo, asistiu a esta actividade que comezou coa pegada de mensaxes relacionadas coa paz nun mural coa bandeira de Ucraína, no que participou o alumnado do centro, ademais do profesorado e as familias. 

A continuación, os nenos e nenas de sexto de Primaria leron un manifesto e un poema de Celso Emilio Ferreiro, e rematou a xornada cun canto conxunto da canción “Los niños queremos la paz”.