El Plan Revitaliza da Deputación é un potencial aliado contra os lumes forestais na provincia pola necesidade de biomasa no proceso de compostaxe, segundo destaca o deputado provincial Uxío Benítez. Entroncar o traballo desenvolvido neste plan provincial coa prevención dos incendios é nunha liña de colaboración cos axentes forestais nas que, asegura, débese profundar.
Isto vén a relación da participación da Deputación, a través do asesor de residuos Carlos Pérez, na xornada 'Presentación de ferramentas de avaliación do recurso forestal e plans municipais de defensa contra incendios' organizada ao amparo do proxecto GEFRECON de xestión forestal conxunta para prevención de incendios forestais en territorio POCTEP, cofinanciado con fondos europeos.
Pérez participará no terceiro relatorio das xornadas, o 30 de novembro, e falará sobre o plan de 'Xestión circular de residuos municipais pola Deputación de Pontevedra'. Dará a súa visión sobre a situación actual da prevención de incendios forestais mediante a xestión forestal integrada e sobre a potencial achega dunha xestión eficiente e sostible dos residuos forestais, en concreto, da proposta de uso e derivación dunha parte dos residuos forestais para a compostaxe da fracción orgánica de residuos municipais (FORM) e de como encaixa o Plan Revitaliza respecto diso.
Neste sentido, destacan desde a institución provincial, cada vez que unha persoa realiza unha achega de lixo a un composteiro debe achegar tamén a parte correspondente de estruturante, é dicir, biomasa resultante da limpeza dos montes existentes e que podería ter saída de maneira automática dentro do plan provincial de compostaxe.
Segundo explican desde a organización, coas xornadas do proxecto GEFRECON preténdense poñer en marcha "acciones innovadoras que permitan reducir o risco de incendios forestais mediante o desenvolvemento e implementación de plans conxuntos, a sensibilización da poboación, a información e formación en autoprotección e a promoción da creación de empresas forestais".