A comparsa 'Val do Lérez' vence o certame de Murgas 2018

16 de febreiro 2018

A comparsa ' Val do Lérez. E agora que?'' resultou vencedora do XXVII Concurso de Murgas do Entroido de Pontevedra tras unha final moi disputada celebrada este xoves no Pazo da Cultura, na que tamén competían 'Equipo Ja', 'El Nacimiento de los PTV', 'Leña Verde' e 'Jana de Leria'

Final do XXVII Concurso de Murgas / Diego Torrado

A comparsa 'Val do Lérez. E agora que?''resultou vencedora do XXVII Concurso de Murgas do Entroido de Pontevedra tras unha final moi disputada celebrada na noite deste xoves no Pazo da Cultura, na que tamén competían os grupos 'Equipo Ja', 'El Nacimiento de los PTV', 'Leña Verde'e 'Jana de Leria'.

O xurado tívoo difícil para elixir entre as cinco finalistas que chegaron á cita deste xoves tras pasar por dúas eliminatorias previas e bao proba diso é a clasificación final, na que 'Val do Lérez', cunha puntuación de 75, impúxose por tan só dous puntos á segunda clasificada, a comparsa 'Jana de Leria', que obtivo 73. 

A terceira clasificada foi 'Equipo Ja', con 70 puntos, tan só cinco por baixo dos vencedores. O cuarto posto foi para 'El Nacimiento de los PTV', con 67 puntos; e os quintos na clasificación foron os integrantes de 'Leña Verde', con 59 puntos. 

No certame deste ano 2018 tamén participaron 'Os de Noalla', 'Charanga do Naveiro. 50 cuquis de Brey' e 'Tropa de Moncha A Caralla', do Grove, pero as súas propostas non pasaron a criba da primeira convocatoria. 

A final do XXVII Concurso de Murgas, así como as dúas eliminatorias celebradas esta semana, poderán escoitarse íntegras en PontevedraVivaRadio

Arquivado en