A Ciudadanos "no nos gusta" como se deu a prórroga a ENCE e pide crear unha mesa de diálogo

Pontevedra
07 de abril 2016

Ciudadanos propón a creación dunha mesa de diálogo na que estean presentes todas as partes implicadas neste asunto para buscar unha solución que garanta, sinalou, as "máximas garantías" para a saúde dos pontevedreses e tamén para os traballadores da compañía, á que se lle esixirá o cumprimento da normativa

Abstención dos deputados de Ciudadanos no Congreso con respecto a Ence
Abstención dos deputados de Ciudadanos no Congreso con respecto a Ence / PontevedraViva

A proposición non de lei que se aprobou este mércores no Congreso dos Deputados, que insta o Goberno a anular a prórroga concedida a Ence, segue coleando en Pontevedra. Sobre todo ante a postura que mantivo Ciudadanos ao absterse, cando ata agora defenderan a continuidade da empresa. Iso non cambiou, sinalan desde o partido de Albert Rivera, pero critican que a decisión a haxa tomado un executivo en funcións.

En declaracións a PontevedraViva, o deputado que defendeu a postura de Ciudadanos no devandito debate, Marcial Gómez, explicou que ao seu partido "no nos gusta" que unha prórroga que foi solicitada pola empresa no ano 2013 fose aprobada por un Goberno en funcións excedéndose das competencias ordinarias que marca a lei, especialmente cando os membros dese mesmo executivo non aceptan someterse ao control do Congreso.

O deputado sinalou que optaron pola abstención ao non aceptarse as emendas presentadas polo seu partido. Marcial Gómez lembrou que o acordo de goberno alcanzado entre Ciudadanos e o PSOE inclúe anular a modificación da Lei de Costas aprobada polo PP e a recuperación da protección marítima terrestre da normativa anterior e "teníamos que hacer valer ese punto".

Pero no que non están de acordo é que esa iniciativa se aplique con carácter retroactivo porque iso provocaría unha "gran insegurida jurídica" en todo o país que "ahuyentaría a los inversores", causando un prexuízo a nivel de actividade económica e de postos de traballo.

Por iso, Ciudadanos propón a creación dunha mesa de diálogo na que estean presentes todas as partes implicadas neste asunto para buscar unha solución que garanta, sinalou, as "máximas garantías" para a saúde dos pontevedreses e tamén para os traballadores da compañía, á que se lle esixirá o cumprimento da normativa. 

Neste mesmo sentido, a portavoz de Cidadáns en Pontevedra, María Rey, sinalou que esta prórroga "no es lícita" e que se concedeu con "cierta alevosía" que xerou no pontevedreses "malestar". Ao seu partido, explicou," nos gustan las cousas bien hechas" e esta medida provoca "inseguridad" na situación xurídica da compañía e, por tanto, nos seus propios traballadores.

Por iso é polo que María Rey reclamase que, en defensa dos empregados da compañía, se traballe para dotar dun "marco legal" á continuidade de Ence en Pontevedra, medida que seguen apoiando, insistiu, a pesar de absterse no Congreso dos Deputados.

"No tampoco entendemos que al amparo de un marco legal se conceda una prórroga y que ahora se quiera modificar ese marco legal, con el único fin de perjudicar a una empresa y a sus trabajadores", explicou a portavoz de Cidadáns, que ha insistido en que "no podemos atacar a una empresa, no podemos atacar a unos trabajadores tan alegremente".

Arquivado en