A campaña de vacinación de reforzo contra a covid inicia este luns 14 de novembro unha nova etapa con cambios significativos.
O maior deles é que a partir de agora déixase de lado a citación centralizada e serán os cidadáns os que deberán solicitar ser vacinados a través da app do Sergas. Será así salvo para as persoas maiores de 80 anos que aínda non puideron recibir a dose, e ás que se seguirá chamando para que acudan ao seu centro de saúde.
En canto ao resto, a vacinación mantense aberta para persoas de 60 a 79 anos que non puideron acudir inicialmente do mesmo xeito que para o persoal sanitarios e sociosanitario.
Ademais amplíase a campaña a mulleres embarazadas, conviventes de persoas inmunodeprimidas e para persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 59 aos que padecan patoloxías de risco. Estas patoloxías, explica o coordinador de vacinación da área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, Juan Vázquez Vilar, son entre outras "enfermidades crónicas cardiovasculares, neuloróxicas ou respiratorias, diabetes, obesidade mórbida, enfermidade renal crónica, enfermidade hepática crónica, enfermidade celíaca e enfermidade inflamatoria crónica".
O que se mantén sen cambios é o lugar de vacinación na área pontevedresa, no que seguirán habilitados os recintos de Campolongo en Pontevedra e Fexdega en Vilagarcía, con atención neste segundo caso as fins de semana no Hospital do Salnés.