A CIG saca ás rúas a "loita a prol da recuperación de dereitos roubados coa escusa da crise"

Pontevedra
01 de maio 2017

A celebración do Primeiro de Maio tamén é para a CIG a conmemoración o Día Internacional da Clase Obreira unha xornada puramente reivindicativa na que a central nacionalista saca ás rúas a "loita a prol da recuperación de dereitos roubados coa escusa da crise"

Manifestación da CIG no Primeiro de Maio / PontevedraViva
Marcos Conde, secretario comarcal de CIG Pontevedra /

A celebración do Primeiro de Maio tamén é para a CIG a conmemoración o Día Internacional da Clase Obreira. unha xornada puramente reivindicativa na que a central nacionalista saca ás rúas a "loita a prol da recuperación de dereitos roubados coa escusa da crise".

O secretario comarcal de CIG Pontevedra, Marcos Conde, reclamou a derrogación das sucesivas reformas lexislativas aprobadas nos últimos oito anos polos diferentes gobernos do PP e do PSOE, dende a laboral, pasando pola das pensións ata a lei mordaza que "criminaliza a mobilización da clase obreira".

Todas elas supuxeron, dixo, unha pérdida de dereitos laborais, unha merma nos salarios, a reducción da protección e cobertura sanitaria, entre outros efectos negativos.

A situación actual segundo relatou Marcos Conde fai que a pobreza estea relacionada co traballo precario e os contratos parciais.

O paro de longa duración en Galicia representa o 58,2 por cento na actualidade. Na nosa comunidade quedan fóra do sistema de protección 110.000 persoas en situación de desemprego. A día de hoxe a taxa de cobertura non supera os 52,7 puntos. Tamén lembrou que nestes anos máis de 130.000 galegos, principalmente xente nova, marcharon á emigración buscando traballo, polo que se en lugar de emigrar ficasen aquí o desemprego real superaría o 30%.

Ao mesmo tempo, sinalou que o do Estado español é o único caso no que o total dos salarios da clase traballadora descendeu nestes últimos seis anos preto dun 11%. Mesmo en Portugal, neste mesmo período, os soldos subiron un 4,45%, mentres que en Alemaña e Francia o incremento superou o 9%.

Na marcha convocada pola CIG, que saiu ás 11.30 horas, participaron membros do BNG dos gobernos da Deputación de dos concellos de Pontevedra, Barro, Poio e Bueu.