A CIG mobilizarase este xoves para esixir a anulación da reforma Laboral e da Lei Mordaza

Pontevedra
09 de marzo 2016

Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca unha asemblea de delegados en Pontevedra as dez da mañá no Salón de Actos do Edificio Sindical que rematará ao mediodía cunha concentración diante da Subdelegación do Goberno baixo o lema "Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!"

Protesta de representantes sindicais da CIG contra a Lei Mordaza
Protesta de representantes sindicais da CIG contra a Lei Mordaza / PontevedraViva

Con motivo do Día da Clase Obreira Galega, a CIG convoca unha asemblea de delegados en Pontevedra as dez da mañá no Salón de Actos do Edificio Sindical que rematará ao mediodía cunha concentración diante da Subdelegación do Goberno baixo o lema "Reformas Laborais e Lei Mordaza, anulación xa!".

A central denuncia que o obxectivo destas contrarreformas era, e así se evidenciou, "precarizar as condicións laborais para favorecer o incremento de beneficios para as empresas e dotarse da lexislación necesaria para reprimir a contestación social".

Por iso, e atendendo aos resultados das eleccións do 20-D, neste 10 de Marzo, a CIG exixe a súa inmediata derrogación.