A CIG denuncia que "descoidar a quen coida é violencia machista"

Pontevedra
24 de novembro 2020

A CIG centrará as reivindicacións deste 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, en denunciar que pese a que pandemia puxo de manifesto a importancia dos coidados, estes non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial durante a crise sanitaria

Concentración das representantes da Secretaría das Mulleres da CIG
Concentración das representantes da Secretaría das Mulleres da CIG / Almudena Dapena

A CIG centrará as reivindicacións deste 25 de Novembro, Día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, en denunciar que pese a que pandemia puxo de manifesto a importancia dos coidados, estes non foron nin están a ser obxecto dunha protección especial durante a crise sanitaria.

"Dende a CIG levamos anos reclamando que se lle dean ás tarefas de coidados o valor real que teñen como traballos esenciais para a sociedade", explica a secretaria confederal das Mulleres da CIG, Margarida Corral, quen engade que por esta razón o lema escollido este ano é "Descoidar a quen coida é violencia machista".

A Secretaría das Mulleres convoca mobilizacións nas sete cidades e mais nas Pontes, Ribeira e Vilagarcía.

No caso de Pontevedra a mobilización terá lugar o 25 de novembro ás 12 horas diante da Subdelegación do Goberno. E en Vilagarcía á mesma hora no Servizo Galego de Colocación.