O despedimento dunha traballadora da residencia Soremay de Pontevedra, representante sindical de CIG, motivou este martes unha rolda de prensa do sindicato para denunciar a situación.
Asegura a organización que se trata de "unha campaña de acoso contra a nosa delegada", que concluiu co seu despedimento o pasado 28 de decembro, explicou o secretario comarcal de CIG Servizos, Iván Veiga.
"Eu era unha traballadora máis, mentres non saín como representante sindical o meu trato coa empresa era normal, pero a raíz do cambio de dirección o acoso foi brutal", relata a traballadora afectada, Sandra Iglesias.
Por todo iso a CIG cualifica a situación de "vulneracióndo dereito sindical" e dun "atentado contra ou modelo sindical e combativo da CIG", lamentou Veiga.
Como consecuencia do despedimento e esixindo a readmisión da afectada, o sindicato convocou unha dobre xornada de protesta con concentracións ante a residencia Soremay o xoves 5 de nero e o mércores día 11 a partir das 12.00 horas da mañá.