A cidade de Pontevedra, por debaixo dos 6.000 parados por vez primeira desde 2009

Pontevedra
02 de agosto 2017
Actualizado: 16:48

O emprego estacional e o repunte na actividade turística, que este verán está a alcanzar cifras de récord, motivou que a provincia de Pontevedra liderase durante o mes de xullo o descenso do paro en Galicia e no conxunto de España. Tamén son notables os datos na capital da provincia. A Boa Vila descendeu por debaixo da barreira dos 6.000 parados. A 31 de xullo de 2016, hai 5.860 desempregados na cidade

Traballadora no sector servizos (ARQUIVO)
Traballadora no sector servizos (ARQUIVO) / Mónica Patxot

O emprego estacional e o repunte na actividade turística, que este verán está a alcanzar cifras de récord, motivou que a provincia de Pontevedra liderase durante o mes de xullo o descenso do paro en Galicia e no conxunto de España. Tamén son notables os datos na capital da provincia. A Boa Vila descendeu por debaixo da barreira dos 6.000 parados. A 31 de xullo de 2016, hai 5.860 desempregados na cidade.

Son 238 parados menos que en xuño, o que equivale a unha redución do 3,90% con respecto ao mes anterior.

O descenso foi xeralizado en toda a provincia de Pontevedra, con caídas no desemprego máis acusadas nos concellos con maior presión turística como os das comarcas do Salnés e Pontevedra.

    Xuño    Xullo      Variación
Pontevedra6.0985.860-238
Barro287281-6
Bueu824722-102
Caldas de Reis796754-42
Cambados1.058956-102
Campo Lameiro153140-13
Cerdedo-Cotobade413370-43
Cuntis355331-24
O Grove658592-66
A Illa de Arousa311275-36
A Lama183176-7
Marín1.7621.656-106
Meaño339285-54
Meis344336-8
Moraña381375-6
Poio1.1181.007-111
Ponte Caldelas558516-38
Portas218197-21
Ribadumia320302-28
Sanxenxo879727-152
Vilaboa4204255
Vilagarcía de Arousa3.7413.610-131
Vilanova de Arousa      847796-51

 

Na comunidade, o o desemprego diminuíu no último mes en 7.794 persoas, das que 3.004 conseguiron emprego en Pontevedra, a cifra máis alta, seguida dos 2.796 da Coruña. A nivel estatal, foi a segunda provincia con máis baixada, só superada por Cádiz, con 3.375. 

O informe da evolución do paro rexistrado do Servizo Público de Emprego Estatal reflicte que na provincia había ao 31 de xullo deste 2017 un total de 71.650 persoas demandantes de emprego, un 4,02% menos que un mes antes e un 7,66% menos que un ano antes. En concreto, nun ano, reducíronse en 5.946 persoas as estatísticas de rexistrados nas oficinas públicas de emprego. 

A nivel estatal, o número de parados rexistrados baixou en 26.887 desempregados respecto ao mes anterior, ata os3.335.924 demandantes de emprego, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos. Galicia foi a comunidade líder no descenso no conxunto de España, onde se reduciu o desemprego en doce comunidades.

Arquivado en