O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse aos datos do paro, incidindo en que "non son ás mellores noticias que se puideran recibir, pero agora o que hai que facer é reverter esa situación canto antes".
Louzán recordou que xaneiro "é sempre un mes difícil", pero ademais nesta ocasión se da "un problema engadido", que é o do mal tempo, que está a facer que moitas empresas "non activen vos seus contratos pola situación climatolóxica" que lles impide comezar as obras.
O mandatario provincial recalcou o grande esforzo investidor que está a realizar a Deputación, que cada semana está a adxudicar obras por importe de varios millóns de euros e que permiten manter e xerar emprego nas empresas da provincia, pero lamentou que "nestes momentos moitos deses traballos non poden iniciarse.
"Somos a institución, probablemente, co maior volume de obra de toda Galicia pero non podemos empezar, moitas empresas prefiren estar paradas e polo tanto non activan os seus contratos porque coa situación climatolóxica é imposible traballar", dixo Rafael Louzán.