A chuvia seguirá ameazando o Entroido nos próximos días

Pontevedra
08 de febreiro 2016

Non debemos gardar aínda os paraugas. Despois de que as choivas obrigasen a moitos concellos pontevedreses a suspender parte da súa programación de entroido durante esta pasada fin de semana, unha nova borrasca ameaza con impedir que a festa siga desenvolvéndose con normalidade nos próximos días, cheos de actividade en toda a provincia

Participantes no desfile de entroido de Poio
Participantes no desfile de entroido de Poio / Diego Torrado

Non debemos gardar aínda os paraugas. Despois de que as choivas obrigasen a moitos concellos pontevedreses a suspender parte da súa programación de entroido durante esta pasada fin de semana, unha nova borrasca ameaza con impedir que a festa siga desenvolvéndose con normalidade nos próximos días, cheos de actividade en toda a provincia.

Unha nova fronte que entrará en Galicia este luns traerá consigo fortes ventos e unha choiva intensa cara á noite, segundo as predicións de Meteogalicia.

A pesar diso, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso, máis acusado nas mínimas. En Pontevedra as máximas situaranse na contorna dos 15 graos, mentres que as mínimas poderían alcanzar os 12 graos.

Haberá que ter moito coidado, ademais, nas zonas próximas á costa das Rías Baixas, xa que ademais do forte vento espéranse ondas superiores aos oito metros.

Este mesmo patrón atmosférico, aínda que con choivas máis intermitentes, repetirase nos próximos días. Non se espera melloría en toda a semana e as probabilidades de precipitacións será alta en toda Galicia e especialmente nas provincias atlánticas.

Arquivado en