A chuvia non pode co entusiasmo da Pontevedrada

Pontevedra
26 de abril 2015

A quinta edición da marcha solidaria a pé entre Pontevedra e Santiago contou na saída con máis de 700 participantes. A dureza climatolóxica pasou factura en plena noite obrigando a abandonar a algúns participantes, pero un bo número deles conseguiu chegar con éxito na mañá deste domingo á Praza do Obradoiro

Saída da Pontevedrada 2015
Saída da Pontevedrada 2015 / Mónica Patxot

Pode que fose a Pontevedrada máis dura das cinco edicións realizadas ata a data, pero "el entusiasmo de la gente puede mucho más".

Así explicou Raúl Álvarez, un dos impulsores da marcha solidaria entre Pontevedra e Santiago, as incidencias que tiveron que superar as máis de 700 persoas que abandonar ás 20:00 horas do sábado a Praza da Ferrería, na cidade de Lérez.

A chuvia minguou a participación, prevista inicialmente no millar de camiñantes, pero malia iso a Pontevedrada resultou todo un éxito e unha grande mostra de solidariedade.

A intensa chuvia que caeu arredor das 3:00 horas da madrugada fixo que moitos participantes se retiraran, pero un bo número deles conseguiu chegar ata a compostelá Praza do Obradoiro a mediodía deste domingo.

Era a culminación de 63 quilómetros de vivencia nos que colaboraron multitude de persoas desinteresadamente para a súa boa organización e apoio aos peregrinos, que realizaron paradas de descanso en Barro, Caldas de Reis, Valga e Padrón.

A marcha solidaria, organizada Asociación de Amigos da Pontevedrada (ASAMPO), colaborou nesta ocasión mediante as inscricións voluntarias dos participantes coas asociacións ASANOG -Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia- e ADROVI -Asociación de Doadores e Receptores de ÿrganos de Vigo-.