A chuvia non pode co entroido infantil de Marín

Marín
14 de febreiro 2015

O Pavillón da Cañota acolleu finalmente o desfile debido ás condicións meteorolóxicas. Decenas de nenos participaron no evento

Entroido infantil de Marín no pavillón da Cañota
Entroido infantil de Marín no pavillón da Cañota / Diego Torrado

As condicións meteorolóxicas trastornaron os plans iniciais, pero o entroido de Marín seguiu adiante co seu primeiro grande acto, o desfile infantil.

O Pavillón da Cañota acolleu finalmente o evento, en lugar da ruta programada polas rúas da vila con saída na rúa Real.

Decenas de nenos, acompañados de pais e familiares, participaron no desfile organizado polo Concello, con numeroso público presente nas bancadasdo recinto.

O entroido de Marín continúa este domingo cunha ciclomarcha ás 10:30 horas, a concentración de comparsas na Alameda ás 12:00 horas, a lectura do pregón ás 13:15 horas e o desfile de adultos, xa pola tarde, a partir das 17:00 horas.

O desfile partirá da Avenida de Ourense para percorrer a Praza do Regueiro, Praza de España, Almuíña, Jaime Janer, Concepción Areal e rematar no Parque Eguren.

Arquivado en