Lonxe quedan os anos en que se celebraba dentro das instalacións da universidade e tamén as edicións en que a asistencia foi masiva, pero a festa de Santa Katabirra volveu celebrarse un ano máis no campus pontevedrés.
Sen o apoio da Universidade de Vigo nin do Concello de Pontevedra, centos de estudantes tomaron o recinto universitario protagonizando un 'macrobotellón' fronte á Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, cuxa patroa Santa Catalina de Siena motiva a celebración.
O mal tempo non detivo nesta ocasión Santa Kata, que aproveitou a lixeira melloría durante a tarde para celebrar os actos previstos, entre os que se encontraba a contratación de varios DJ que amenizaron a festa ata última hora da tarde.
Ao finalizar os actos no campus, os asistentes continuaron coa celebración durante a noite polos locais de ocio do centro da cidade.
A chuvia non detén a celebración de Santa Kata no Campus de Pontevedra
Pontevedra
25
de abril
2014
A festa universitaria celebrouse este xoves no campus lerezano sen o apoio da Universidade de Vigo nin o Concello de Pontevedra. Centenares de estudantes acudiron á cita, ás portas da Facultade de Ciencias Sociais e da Información
Máis novidades