A chuvia apraza a recta final do entroido de Sanxenxo

Sanxenxo
04 de marzo 2017

O mal tempo volve augar a festa en Sanxenxo. As choivas previstas para este domingo 5 de marzo impedirán que o municipio celebre o seu tradicional desfile de entroido. Segundo informou o goberno local, aprázase unha semana. Celebrarase o próximo 12 de marzo

Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo
Desfile do Entroido 2016 en Sanxenxo / PontevedraViva

O mal tempo volve augar a festa en Sanxenxo. As choivas previstas para este domingo 5 de marzo impedirán que o municipio celebre o seu tradicional desfile de entroido. Segundo informou o goberno local, aprázase unha semana. Celebrarase o próximo 12 de marzo.

É o segundo gran evento do entroido de Sanxenxo que se apraza por culpa das previsións meteorolóxicas.

Este desfile corre así a mesma sorte que o desfile infantil, que tiña que celebrarse o pasado mércores de cinza. O Concello xa atopou nova data, será o domingo 19 de marzo.

Os dous desfiles manterán a estrutura e o percorrido previsto, así como tamén a contía dos premios para repartir.

A choiva tamén obrigou ao Concello a acordar a suspensión do enterro da Sardiña, organizado pola asociación Amigos da Dorna de Portonovo, que se ía a celebrar esta noite. Farase un terceiro intento -estaba programado xa para o pasado mércores- o próximo 8 de marzo.

Arquivado en