A Casa Rosada acolle un Festival de Nadal para persoas maiores

Poio
12 de decembro 2023

Bingo, sorteos, panxoliñas e baile, ingredientes para unha festa que dará comezo ás 17.00 horas do próximo venres 15 de decembro

Entrega dun cadro solidario ao Concello de Poio
Entrega dun cadro solidario ao Concello de Poio / Concello de Poio

Un Festival de Nadal pensado para as persoas maiores do municipio é a proposta do Concello de Poio para o vindeiro venres día 15 de decembro.

O evento celebrarase na Casa Rosada a partir das 17.00 horas, sen que sexa necesaria formalizar inscrición previa.

Ademais de bingo e rosca, a xornada contará coa música de panxoliñas do Coro da Casa Rosa, e concluirá coa actuación do Trío Azabache.

Doutra banda haberá sorteos dunha cesta de Nadal e outros agasallos.

CADRO SOLIDARIO

Outra acción do Nadal en Poio foi a entrega por parte do ex-traballador municipal Faustino Ucha dun cadro ao óleo que representa unha xornada no areal de Campelo.

A pintura sortearase nunha rifa que pode xa adquirise no Palacete de Besada e tamén se poderá conseguir no Festival de Nadal. Todo o recaudao será destinado a fins sociais.