O Concello de Cuntis quere aportar o seu gran de area á ola de solidariedade do pobo ucraíno, "vítima dunha cruel e inxusta guerra".
Por elo, en colaboración con Fundiciones Rey, pon en marcha unha recollida de artigos de primeira necesidade que poderán ser depositados na Casa de Cultura Roberto Blanco Torres.
Os artigos máis necesarios para a poboación ucraína son cueiros, biberóns, comidas para bebés, compresas, tampóns, toalliñas hixiénicas, alcol de farmacia, povidona iodada, gasas, esparadrapo, xeringas, luvas, paracetamol, tendas de campaña, colchóns inchables, sacos de durmir, lanternas, mistos, pilas, velas, produtos de hixiene persoal e alimentos non perecedeiros.
As persoas que queiran colaborar con esta iniciativa poden depositar as súas doazóns na Casa de Cultura en horario de 9:00 horas a 15:00 horas ou de 16:00 horas a 21:00 horas de luns a venres.