A Casa da Luz, escaparate para os viños galegos

Pontevedra
27 de novembro 2016

35 adegas galegas participaron durante a fin de semana no Túnel do Viño Galego celebrado na Casa da Luz  

Túnel do Viño Galego na Casa da Luz
Túnel do Viño Galego na Casa da Luz / Diego Torrado

A Casa da Luz de Pontevedra converteuse durante esta fin de semana nun escaparate do viño do país.

Durante dúas xornadas, sábado todo o día e domingo en horario matinal, celebrouse nas instalacións da Praza da Verdura o Túnel do Viño Galego.

Os afeccionados ao viño, que abonaron 5 euros de entrada (10 euros para realizar unha cata privada), puideron degustar os caldos de 35 adegas, con distintas variedades procedentes toda Galicia, con denominación de orixe e tamén sen ela.

Este evento promocional estaba organizado pola Federación Rural Galega (FRUGA) e a Asociación Galega de Viticultura.