A caravana morada volve a Pontevedra para velar por unhas festas libres de agresións machistas

Pontevedra
03 de agosto 2022

O vehículo estará situado na praza de Ourense, nas inmediacións das escaleiras da Igrexa de San Francisco, os días 13, 14 e 20 de agosto, así como o 3 de setembro, desde as 10 da noite ata as 6 da mañá (de 22 a 6 horas)

Caravana morada contra as violencias machistas e sexuais nas Festas da Peregrina
Caravana morada contra as violencias machistas e sexuais nas Festas da Peregrina / Mónica Patxot

Na Semana Grande da Peregrina e na Feira Franca, regresa a caravana morada ás rúas da cidade co obxectivo de garantir unhas festas sen agresións nin abusos sexuais contra as mulleres. 

O vehículo estará situado na praza de Ourense, nas inmediacións das escaleiras da Igrexa de San Francisco, os días 13, 14 e 20 de agosto, así como o 3 de setembro, desde as 10 da noite ata as 6 da mañá (de 22 a 6 horas). 

Contará a caravana cunha psicóloga especializada en xénero e criminoloxía e unha asesora xurídica que informarán, asesorarán e visibilizarán o rexeitamento comunitario ao acoso e ás agresións sexuais.

Ademais repartirán 1.500 flyers informativos, 2.500 pulseiras personalizadas coa campaña de sensibilización e 100 carteis dirixidos a comercios e establecementos hostaleiros da cidade. 

A concelleira de Igualdade, Yoya Blanco, destacou o necesario da implantación deste punto morado coa chegada da normalidade nas festas da cidade tras a pandemia e destacou que os datos oficiais sinalan que en España só una de cada seis violacións denúncianse e que durante o estado de alarma sanitaria agravouse a violencia de xénero.