Este mércores o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu a ver o inicio dos traballos da primeira fase da rexeneración da praia da Carabuxeira acompañado polo enxeñeiro director de obra Fernándo López e polo xerente de Marcor Xove a empresa adxudicataria.
"Como alcalde me siento hoy muy contento porque por fin vemos una obra histórica, tan demandada por los vecinos desde hace más de 20 años", dixo Telmo Martín.
Tras a construción do espigón do porto deportivo cambiaron as correntes e dinámicas mariñas o que produciu a perda da area da praia da Carabuxeira pero para este verán espérase que volva ter unha fronte de entre 10 e 12 metros de area.
Esta primeira fase prevé a extracción de 10.000 metros cúbicos de area das zonas autorizadas que se bombean e expúlsanse a través dun tubo directamente sobre a praia. O tubo expulsa un 40% de area e o resto de auga de mar.
Na lámina de auga que se sitúa enfronte á praia atópase un barco de 22 metros de eslora cunha draga de succión que se encarga da extracción de árido das zonas autorizadas.
Unha vez extraída a area, depositada no fondo do mar a uns metros do árido seco, realizarase, en primeiro lugar, o recheo dos 70 metros lineais de tubos xeotextiles que servirán de dique natural. A continuación, bombearase á praia a través dun tubo que, movido cunha minipala en terra, encargarase de dirixir o depósito de area de forma ordenada.
O director de obra explicou que o emprego de tubos geotextiles "no son estructuras definitivas" pero serán as que "nos den apoyo para que la playa se sostenga". "Es una actuación bastante pionera en España", indicou Fernándo López sobre este sistema de rexeneración que se utiliza no norte de Europa ou nas praias de Caribe. "Esto nos va a servir para demostrar la eficacia de la solución planteada", engadiu.
A esta achega de area sumaranse posteriormente outros 14.000 na fase definitiva que está en plena tramitación e que inclúe un paseo marítimo de 360 metros entre Panadeira, Lavapanos e A Carabuxeira que permitirá o tránsito peonil e o goce deste tramo de costa urbana. Neste caso "se sustituirán esos geotubos provisionales por unas rampas de mampostería, de hormigón y escollera, que quedarán semisumergidas y solo se verán en marea baja".
Previamente a estes traballos, o primeiro paso consistiu nun estudo xeotécnico en 3D da praia e a batimetría que indicou a cantidade e o lugar onde se debe depositar a area que agora se dragará para deporsitar na praia.
O alcalde quixo destacar o traballo conxunto de varias administracións para poder chegar"cuando hay colaboración los temas salen para adelante, los proyectos se pueden realizar y los vecinos lo agradecen".
Trátase da primeira actuación programada na praia desde 2003 na que se realizou unha achega da mesma area coa que se rexenerou Silgar.
A firma encargada do proxecto é Marcor Xove S.L., cun custo de 123.000 euros e que se prevé conclúan a principios de abril.
A empresa Indrops encargarase de realizar o estudo e seguimento ambiental durante o transcurso das tarefas con polo menos tres tomas de mostras da calidade da auga antes, durante e despois da rexeneración. Un control ambiental valorado en 17.968 euros.