A camelia como protagonista da paisaxe urbana

O Salnés
02 de marzo 2017

O encontro internacional "A Camelia e o paisaxismo en Galicia", comezou este xoves no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa

Encontro internacional "A Camelia e o paisaxismo en Galicia"
Encontro internacional "A Camelia e o paisaxismo en Galicia"

O encontro internacional "A Camelia e o paisaxismo en Galicia", comezou este xoves no pazo de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa.

A inauguración das xornadas correu a cargo da directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita; a deputada provincial delegada da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), Eva Villaverde, e a directora da Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, Isabel Aguirre.

Carmen Salinero, técnico da Deputación de Pontevedra na EFA e presidenta da Sociedad Española da Camelia, e Pilar Vela, técnico tamén na EFA, foron as encargadas de abrir as xornadas falando sobre as especies de camelia máis comúns en Galicia e como chegaron ata aquí, ademais de analizar cal son as especies de camelia máis comúns e as aplicacións que teñen para a produción de te, de aceite e para a fabricación de cosméticos.

Un dos participantes nas xornadas, Jacques Soignon, director do Service Espaces Verts et Environnement, de Nantes, manterá este venres un encontro con varios concellos de Pontevedra interesados en facer da camelia a protagonista do urbanismo e dos xardíns urbanos, poñendo en valor esta especie tan común nos xardíns galegos.

Soignon é especialista precisamente en camelia urbana, símbolo da cidade de Nantes.